Os Grouchos
Manuel Rivas (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Xornalismo
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Ensaio adultos, 2008
Este libro convoca a unha odisea librepensadora, a unha ecoloxÃa da liberdade, que ten como porto de partida a Galicia de hoxe, entendida como un local universal, o paÃs portátil, unha identidade sen paredes. Os Grouchos son un urdido de literatura e heterodoxia. Unha denuncia contra os vellos e novos muros de silencio, mais tamén unha viaxe á procura das "faÃscas da esperanza" das que falou Walter BenjamÃn. Manuel O´Rivas reivindica, na modernidade, a ollada do "home rebelde" de Camus. E na tradición lendaria, o espÃrito dos trasnos "meniñeiros", os seres invisÃbeis que transmiten a herdanza do saber rir. O resultado é un libro que morde contra a estupidez, como pedÃa Kafka, e que abre os cadeados coa chave do humor. Ler Os Grouchos? O autor cita un proverbio popular: "Quen lle teña medo ao mar que non embarque!"