Logo Xerais

Ficha libro

A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil

Red Temática de Investigación "LIJMI" (Autor/a)
Blanca Ana Roig Rechou (Coordinador/a)
Mª Isabel Soto López (Coordinador/a)
Pedro Lucas Domínguez (Coordinador/a)
José María Mesías Lema (Ilustrador/a)

MATERIAIS EDUCATIVOS

Os membros da "Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico" (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume, coordinado por Blanca-Ana Roi Rechou, Isabel Soto López e Pedro Lucas Domínguez, un conxunto de estudos, destinados fundamentalmente aos mediado-res, que pretenden afondar no tema da Guerra Civil española e a súa presenza na narrativa infantil e xuvenil. Tras dunha introdución teórica na que se analiza o impacto e a presenza da Guerra Civil nas manifestacións culturais e artísticas das últimas décadas e a abundante bibliografía crítica xerada arredor do tema, inclúense enfoques panorámicos que abordan o tratamento do tema nas literaturas castelá, catalá, galega, portuguesa, vasca, co engadido de dúas achegas que estudan a presenza da contenda española na produción en lingua alemá e inglesa. O volume inclúe ademais unha selección de obras narrativas nas que se trata a Guerra Civil española, dazasete das cales son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores e mediadoras algunha claves de aproximación para o seu uso na educación literaria.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.