Logo Xerais

Ficha libro

O monstro das palabras

María Reimóndez (Autor/a)
Iván Sende (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÃN>De 11 anos en diante

3ª Edición

Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa "normal", que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras.O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. "A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos" escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (10 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.