Logo Xerais

Ficha libro

Lixo

Xavier López Rodríguez (Autor/a)
Antonio Taboada (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 11 anos en diante

Fogar refuxio, fogar cárcere, rúa fogar. Confortable liberdade coutada na casa ou arriscada liberdade sen teito asegurado. Expulsada do gris paraíso familiar, a protagonista de Lixo vese na obriga de enfrontar o inferno exterior, onde a despensa está nos contedores de refugallos, coas armas que ten en cada momento. Armas como a voluntaria opción de facerse pasar por home para merecer un mínimo respecto que, como muller, lle furtarían os habitantes da xungla urbana. A rúa permítelle coñecer a verdadeira amizade, condénaa despois a sufrir a dor da perda e regálalle por fin, de xeito impensado, unha esperanza.Lixo, novela de Xavier López Rodríguez, ilustrada por Antón Taboada, aborda con realismo e gran crueza a situación de exclusión na que viven algunhas persoas mozas das nosas cidades.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (2 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.