A clase
François Bégaudeau (Autor/a)
Xavier SenÃn Fernández (Tradutor/a)
Mª Isabel Soto López (Tradutor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
2ª Edición
"Eu falaba para unha clase silenciosa e distraÃda, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentÃa movendo a cabeza aÃnda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarÃan por caernos a todos enriba."Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a pelÃcula homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008.