Pingueiras e tarteiras
Teresa González Costa (Autor/a)
Rodrigo Chao (Ilustrador/a)
EDICIÓN LITERARIA>TEATRO>Biblioteca Dramática Galega
III Premio Manuel MarÃa de Literatura Dramática Infantil 2008
No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raÃña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un dÃa chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os dÃas eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberano aburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañÃa de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonÃa. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras.Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel MarÃa de Literatura Dramática Infantil, foi definida no ditame do xurado como unha "apoloxÃa da ledicia e da fantasÃa que ofrece unha visión atÃpica e desmitificadora de personaxes arquetÃpicos". Unha obra que recorre a xogos de palabras para contar como a chegada dunha compañÃa de circo cambia a vida gris dun castelo. Esta primeira edición de Xerais e AGADIC foi ilustrada por Rodrigo Chao.