A vila de Vigo vive unha época de prosperidade no amencer do século XIX. A pesca, a salgadura e o comercio incipiente foron a base do crecemento do vello burgo pechado nas súas murallas, que agora conta xa con dez mil habitantes e se vai transformando na verdadeira cabeceira da bisbarra, en clara competencia con Tui, a capital provincial.
A vila de Vigo vive unha época de prosperidade no amencer do século XIX. A pesca, a salgadura e o comercio incipiente foron a base do crecemento do vello burgo pechado nas súas murallas, que agora conta xa con dez mil habitantes e se vai transformando na verdadeira cabeceira da bisbarra, en clara competencia con Tui, a capital provincial. Pero está a piques de vivir as máis terribles penalidades da guerra que, a comezos de 1809, vai entrar en Galicia a sangue e lume. A plácida e próspera vila vai converterse en cidade. Mais haberá de facelo con indicibles sufrimentos. Reconquista: Vigo en armas de Eduardo Rolland relata, baseándose en sólidas fontes documentais auténticas, en boa parte inéditas, os acontecementos vividos en Vigo e Galicia durante 1809, deixando que falen os feitos e os seus protagonistas. Sen a intención de escribir nin odas nin haxiografías daqueles inimitables galegos, o autor retrata a vida de todos os heroes da Reconquista, algúns deles pouco recoñecidos, como Cachamuíña, o frade Villageliú, o abade do Couto, Juan Bautista Almeida ou o misterioso Villuendas, auténtico axente secreto que operaba intramuros durante a ocupación francesa. Un feito histórico riquísimo en acontecementos que agora, coincidindo co bicentenario da fundación da cidade, se presenta de forma desmitificadora neste libro de investigación fundamental sobre a Reconquista de Vigo.
Colección
CRÓNICA
Código
1345098
I.S.B.N.
978-84-9782-948-9
Publicación
05/02/2009
Clasificación IBIC
HBWH
Formato
Papel
Páxinas
248
Tamaño
24 x 17.3 cm
Colección
Código
I.S.B.N.
Publicación
01/01/1970
Clasificación IBIC
Formato
Autor/a
Eduardo Rolland
Eduardo Rolland Etchevers naceu en Vigo en 1969. Estudou Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Foi redactor do xornal Faro de Vigo e na actualidade exerce o xornalismo en La Voz de Galicia e A Nosa Terra, onde publica reportaxes e artigos de opinión. É colaborador habitual de revistas como National Geographic ou Integral. Foi Premio de Xornalismo Johan Carballeira 2003, Premio de Xornalismo Científico Xunta de Galicia, en 2004, e Premio Nacional de Xornalismo "Francisco Fernández del Riego", en 2006. Participou con obra literaria no libro colectivo Phiccións (Xerais, 2000), é autor de Galicia en Guerra (Xerais, 2006) e Reconquista. Vigo en armas (Xerais, 2009), ademais de Galicia, Rutas con Historia e La batalla de Rande, ambas con Prensa Ibérica. No audiovisual, dirixiu a serie Do Miño ao Ulla (Faro, 2001) e a longametraxe documental A Arañeira (TVG, 2008).