Logo Xerais

Ficha libro

Xelo, o carteiro xurelo

Mau (Autor/a)
Carlos Taboada (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>POLO CORREO DO VENTO

A nova colección Polo Correo do Vento, preparada por Mau e Pin, dirixida a escolares de seis anos en diante, está concibida para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica galega.Xelo, o carteiro xurelo, está protagonizado por algunhas das nosas especies máis emblemáticas da nosa fauna mariña (o polbo, o linguado, o rodaballo, o peixe sapo, a sardiña...), presentando diversos obxectos de uso cotián e algúns dos espazos naturais protexidos da nosa beiramar (as dunas de Corrubedo, a praia das Catedrais, a Lanzada, a praia de Carnota...).Cada un dos volumes complétase cun epílogo, "¿Qué aprendiches?, con actividades lúdicas que pretenden facilitar o labor dos pais ou dos mestres á hora de traballar a comprensión do texto, ademais dunha páxina dedicada a colorear os animais protagonistas de cada un dos volumes.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (5 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.