Logo Xerais

Ficha libro

Flanagan Blues Band

Andreu Martín (Autor/a)
Jaume Ribera (Autor/a)
Dolores Martínez Torres (Tradutor/a)

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO

2ª Edición

En Flanagan Blues Band o xa famoso detective Flanagan, alcume do quinceaneiro Juan Anguera, presenciará un asasinato no seu propio barrio. Terá que intentar demostrar a inocencia do detective Oriol Lahoz como asasino do párroco do barrio, Mosén Roberto. As xoias da familia Garreta serán o móbil do asasinato e o motivo de que o noso detective se meta en leas coa policía, coa neta dos Garreta, co anticuario MartínGala e, noutra historia paralela, co Pingüín Fedorento.Como xa é habitual na serie Flanagan, nesta nova entrega non faltan ingredientes literarios como o sentido do humor que impregna toda a narración, a alternancia de situacións serias e cómicas (combinando maxistralmente varias tramas paralelas), a abundancia de elementos anticipadores da trama e a utilización dunha linguaxe coloquial actual e vencellada ó mundo dos mozos e mozas de hoxe mesmo.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.