Logo Xerais

Ficha libro

Os señores meses

Ánxeles Ferrer (Autor/a)
Ánxeles Ferrer (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>Merliño

2ª Edición

Con cada novo ano, chega ata nós a roda dos señores meses, facendo as casas con cachos de lúa e con pingas de auga. Cando vén o frío as folerpas esvaran polos seus tellados de nubes de prata. Ó vir o verán traeo sol da man e os señores meses gardan os abrigos e xogan co mar. Xaneiro dorme na casa da choiva e, pola noite, no queixo da Lúa roe, roe. Febreiro chega soprando no corno do vento. Marzo ten medo do lobo que axexa ó pé da súa fiestra. As pingas esvaran polo paraugas do señor abril. Maio tece un abrigo de flores novas. Xuño, poeta, debuxa estrelas no ceo da noite... Doce amigos sempre xuntos, máis cada un deles moi distinto. Os señores meses é un fermosísimo poemario, onde cada un dos meses do ano é o protagonista. O texto e a ilustración corresponden a Ánxeles Ferrer. Un libro para ler e memorizar.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.