Logo Xerais

Ficha libro

A profesora Ripaldi

María Alcañiz Lorenzo (Autor/a)
María Alcañiz Lorenzo (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 9 anos en diante

Sarita Palodi é unha científica de recoñecido prestixio mundial. A ciencia é a súa vida e dedícase a ela sen descanso. A profesora Sarita Palodi é a cabeza dos laboratorios Prodi, unha empresa que tivo como últimos descubrimentos a tinta ortográfica, que fai que quen a utilice automaticamente non cometa faltas de ortografía, ou o paragugas autoclimático, un magnífico regulador do tempo, ou da peixeira con simulador de océanos... Un día, nos laboratorios prodúcese unha tremenda explosión e dende aquela non se soubo máis nada da profesora Palodi. Mais, quen é a profesora Ripaldi?A profesora Ripaldi, escrito e ilustrado por María Alcañiz, é unha brillantísima novela do xénero fantástico que supón o debut da súa autora. Foi a obra finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2008.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.