A dama da luz
AgustÃn Fernández Paz (Autor/a)
Jorge Magutis (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>PEQUENO MERLÃN>Albums
Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada Xuvenil/Infantil, 2009
O avó de Marta garda un enigmático segredo na súa memoria. Un segredo que fala de seres estraños que habitaban na cidade cando era moi distinta, apenas habÃa coches e a xente non vivÃa coas présas de hoxe, seres como a Dama da Luz ou o Home das Sombras, e de lugares misteriosos como a Casa do Outeiro ou a mÃtica illa de San Brandán. Un dÃa, algo especial sucede. E entón Marta coñecerá por fin o sorprendente segredo que o seu avó gardaba, unha historia que a levará a descubrir todas as marabillas que a roda da vida nos ofrece. A dama da Luz é un fermoso álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por AgustÃn Fernández Paz ambientado nun Vigo vello e mariñeiro, envolto nunha atmosfera de misterio, e protagonizado por toda clase de criaturas fantásticas e seres extraordinarios que no mar alto asisten a loita entre o Inverno e a Primavera.