Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Xogando cos Sons 1 (F, S, L)

Autor/a : Marta López Viso, Ruth Rodríguez Pérez, María Yáñez Calviño

Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcionar un material práctico para traballar, dende unha perspectiva lúdica, as dificultades articulatorias en lingua galega.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcionar un material práctico para traballar, dende unha perspectiva lúdica, as dificultades articulatorias en lingua galega. A través de diversos personaxes, contos, cancións, ladaíñas... trabállase a capacidade articulatoria do alumnado de Infantil e Primaria, previndo e corrixindo as dislalias e trastornos fonolóxicos que estes poidan presentar. o programa favorece o desenvolvemento da conciencia fonolóxica, achegando o alumnado aos procesos de lectura e escritura. Cadernos do alumnado O material para o alumnado consta de fichas de traballo para que o/a neno/a vaia adquirindo o fonema nas distintas fases de desenvolvemento do programa. Cunha metodoloxía que parte dun enfoque globalizado e lúdico, artéllase a reeducación da cada un dos 10 fonemas a través dun personaxe, que guía todas as actividades e serve de elemento motivador durante o proceso de adquisición do son. Manual do profesorado Proposta didáctica para a correcta aplicación do programa, con táboas para avaliar e rexistrar o avance na adquisición do fonema. Un conto ilustrado e locutado, protagonizado por un personaxe que emite o son, é o fío condutor que guía todos os exercicios que se propoñen para a adquisición dos fonemas por parte do alumnado: praxias bucofaciais, exercicios de sopro, posición tipo do fonema, emisión do fonema, onomatopeas, representación gráfica do fonema, repetición de sílabas, repetición de palabras, repetición de frases, repetición de textos curtos (ladaíñas e trabalinguas), tactos, xogos de xeneralización do fonem CD ROM: Inclúe 10 cancións e as locucións dos 10 contos, unha canción e un conto por cada fonema. Ademais, tamén se ofrecen 30 láminas para seren proxectadas en pantalla. Láminas: 30 láminas que se ofrecen para traballar o correspondente fonema. Lotos: Lotos fonéticos con todas as imaxes empregadas no programa cos fonemas correspondentes na parte posterior.

  • Colección

    MATERIAL EDUCATIVO

  • Código

    1349072

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-074-2

  • Publicación

    15/02/2010

  • Clasificación IBIC

    JNUM

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    48

  • Tamaño

    30 x 21.5 cm

Libros de Marta López Viso

MATERIAL EDUCATIVO

Xogando cos sons. Material para o profesorado

Xogando cos sons. Material para o profesorado

MATERIAL EDUCATIVO

Xogando cos Sons 3 (R suave, R forte, Sinfón con L, Sinfón con R)

Xogando cos Sons 3 (R suave, R forte, Sinfón con L, Sinfón con R)

MATERIAL EDUCATIVO

Xogando cos Sons 2 (Z,C, CH, C,Q)

Xogando cos Sons 2 (Z,C, CH, C,Q)

Sobre a colección MATERIAL EDUCATIVO