Logo Xerais

Ficha libro

Presenza galega en Cuba

Xosé Neira Vilas (Autor/a)
Xosé Manuel García Crego (Tradutor/a)

EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Memoria

Entre 1961 e 1992, Xosé Neira Vilas viviu e traballou en Cuba, dedicando máis de vinte anos a estudar a presenza diversa da nosa colectividade emigrante naquel fermoso país. Achegouse aos obreiros e artesáns das cidades; aos carboeiros, aos campesiños e aos traballadores do azucre; aos mineiros do cobre e do manganeso; aos cultivadores de café das montañas orientais; aos pescadores de esponxas de Batabanó e aos mariñeiros que arriscaban a vida perseguindo chernas, pargos e outras especies no Golfo de México. Soubo tamén das asociacións mutualistas, culturais e recreativas. Soubo do noso Himno e da Bandeira e da Academia, que naceron na Habana. E da incorporación de moitos emigrantes ás loitas independentistas e ás loitas sociais; e dos homes e mulleres que se dedicaron á música, á pintura, á literatura... Todo isto e máis pode atoparse nas páxinas do presente libro, escrito con moito amor e moito oficio.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (7 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.