Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Randea do alento

Autor/a : Herta Müller
Traductor/a : Marga do Val

Aínda había guerra en xaneiro de 1945 cando se inicia a deportación aos campos de traballos forzados en Ucraína da minoría alemá en Romanía. Nese momento comeza a historia que relata Leo Auberg, un mozo de dezasete anos, obrigado a abandonar a súa vila, no momento xusto.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Aínda había guerra en xaneiro de 1945 cando se inicia a deportación aos campos de traballos forzados en Ucraína da minoría alemá en Romanía. Nese momento comeza a historia que relata Leo Auberg, un mozo de dezasete anos, obrigado a abandonar a súa vila, no momento xusto. Porque a el xa lle sucedera algo: "Prohibido", "raro, sucio, vergoñento e fermoso". Formar parte da listaxe dos rusos era para el unha situación aceptábel. Cinco anos vai manterse con vida no Campo, coa experiencia da fame e do frío, co terríbel cansazo, co tedio, coa dúbida de se na súa casa saberán se continúa con vida, co desexo e co medo do regreso. Leo Auberg regresa e xa non ten lugar no mundo entre persoas farturentas de lar, a lingua e as imaxes que crea seguen a mantelo na vida, sesenta anos despois, cando continúa comendo contra a morte de fame. Herta Müller, coas fermosas palabras do poeta Oskar Pastior, cos seus recordos e cos doutras testemuñas devólvenos unha parte da historia de Europa, da ferocidade do século XX, no que a inocente palabra Campo, se converte en símbolo do horror. "Esta é unha obra, que neste momento sobresae sobre todas as demais; unha lectura que parte o corazón e nos fai seres humildes e sinxelos." Felicitas von Lovenberg, "Frankfurter Allgemeine Zeitung" "A súa obra, cuxa forza se alimenta co terror, é ao mesmo tempo rica en beleza e unha sorte para quen le." Volker Weidermann, "Frankfurter Allgemeine Sonntagszeitung"

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331294

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-099-5

  • Publicación

    23/09/2010

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    312

  • Tamaño

    22.5 x 15 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Sobre a colección Narrativa