Folerpas de Novoneyra
BiografĂa e antoloxĂa
Fran Alonso (Autor/a)
INFANTIL E XUVENIL>MERLĂŤN>De 11 anos en diante
Folerpas de Novoneyra Ă© un libro que convida a achegarse á vida e á obra de UxĂo Novoneyra, o poeta do Courel a quen homenaxea a sociedade galega nas Letras Galegas 2010. Coa naturalizade que caracteriza a escrita de Fran Alonso, estas páxinas seducen e constitĂşen unha porta para entar na poesĂa silenciosa e no universo biográfico de Novoneyra. A travĂ©s de pequenas descubertas, de anĂ©cdotas simpáticas, dunha linguaxe asequible e dunha aproximaciĂłn amigable aos seus poemas, visitamos a palabra e o tempo de Novoneyra, O Courel, a sĂşa infancia, a Guerral Civil, a escritura d' Os Eidos, os dĂas de Brais Pinto en Madrid, o compromiso coa lingua, a sĂşa amizade con MarĂa Mariño, o Novoneyra beat do 68, a caligrafĂa, os seus libros infantĂs, Compostela... Unha biografĂa e unha antoloxĂa de UxĂo Novoneyra para lectores e lectoras de todas as idades. Un libro de divulgaciĂłn imprescindible para coñecer a figura das Letras Galegas 2010.