O misterioso Dr. Saa
A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata
Xosé DÃaz DÃaz (Autor/a)
Belén Fernández Guzmán (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>BiografÃa
O misterioso Dr. Saa recupera a historia de Manuel RodrÃguez Saa, un lucense de PortomarÃn que, no primeiro terzo do século XX, acadou sona internacional como ilusionista. Algúns dos persoeiros máis relevantes da súa época (da polÃtica, a cultura, a aristocracia) presenciaron as habilidades máxicas do Dr. Saa, tamén coñecido como Conde de Waldemar. O seu itinerario vital e profesional levouno polos confÃns do mundo, sendo testemuña directa de boa parte dos relatos da historia do seu tempo e colleitando numerosos éxitos nos escenarios máis destacados. A través dos recordos de parentes e amigos do Dr. Saa, asà como das múltiples referencias ás súas actuacións na prensa da época, Xosé DÃaz DÃaz e Belén Fernández Guzmán recompilaron a información necesaria para render con esta obra unha cumprida homenaxe á memoria e lenda do home e do artista.