Logo Xerais

Ficha libro

O merlo de ferro

Antón Cortizas (Autor/a)
Xosé Cobas (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 9 anos en diante

A forxa de Manuel ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferramentas: mazos, martelos, tenaces, alicates, parafusos, cravos... Ao outro lado da xanela o que hai son campos verdes e árbores verdes e montañas verdes. Os vidros da xanela semellan caramelos de menta. Un día, mentres o ferreiro vía a través dos vidros, na xanela póusase un paxariño. -É un merlo! -exclamou moi contento. A partir daquela Manuel decidiu facer un merlo de ferro, pero non un calquera, senón un que fose capaz de cantar e de voar por enriba dos ventos.

Descargas

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.