Dúas bágoas por Máquina
Fina Casalderrey (Autor/a)
VÃctor Rivas (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>MERLÃN>De 11 anos en diante
23ª Edición - Premio MerlÃn de Literatura Infantil, 1991
Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo dÃa desaparece o can e pasan varios dÃas sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aÃnda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea.O caso é que o can, que llo regalara seu pai nun aniversario, non era moi apreciado polo resto da familia e o propio pai, que quedara no paro, acabou por abandonalo nunha estrada.Ignorante durante moito tempo desta situación, Xusta segue devecendo polo seu can, sen saber que fora del. Dende que llo regalaran, unicamente o seu avó (xa morto) e mais ela apreciaban o can. A avoa, pola contra, tÃñalle unha especial animadversión.Unha vez que descobre o abandono do can polo seu pai, este, arrepentido, trata de recuperalo e van ó sitio onde o deixara, pero non dan con el.Un bo dÃa, cando Xusta Ãa pilla-lo autobús, logo de escoitar comentarios no colexio dun can que vagabundeaba habÃa dous dÃas por alÃ, aparece Máquina correndo cara a ela.Como remate, o can salva á avoa de ser atropelada por un coche pero morre na súa valente acción. Pasado o tempo, Xusta farase veterinaria e, na súa consulta, encol da mesa ten sempre unha foto de Máquina. Ningún can, dos moitos que tivo, chegou a ocupa-lo sitio de Máquina no seu corazón.