Logo Xerais

Ficha libro

Dicionario Xurídico Galego

Luciano Varela Castro (Coordinador/a)
Xosé Xoán Barreiro Prado (Coordinador/a)

DICIONARIOS>DICIONARIOS XERAIS

Premio Lois Peña Novo 2012

O Dicionario Xurídico Galego recolle unha primeira e fundamental escolma de entradas (arredor de 2.000) nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do Dereito, información crítica sobre a lexislación vixente en España e, de xeito especial, termos e institucións propias do Dereito Civil de Galicia.A obra foi redactada, baixo a coordinación de Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado, por 120 autoras e autores, organizados nas áreas de Dereito Administrativo, Dereito Civil común e de Galicia, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Financeiro e Tributario, Internacional, Mercantil, Notarial e Rexistral, Penal, Procesual e Teoría do Dereito e Dereito Constitucional.Este Dicionario, coeditado por Xerais e a Xunta de Galicia, e que contou coa colaboración de Rexurga (Revista Xurídica Galega), pretende, en palabras de LucianoVarela, ser «útil para se entender entre eles, cando menos, os que traballan no ámbito xurídico, sen perda do significado especializado dos termos nin do sentido dos enunciados usados nos escritos e conversas».

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (19 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.