LuĂs Soto
A xeira pola unidade galega
Xurxo MartĂnez González (Autor/a)
EDICIĂ“N LITERARIA>CRĂ“NICA>BiografĂa
LuĂs Soto Ă© apenas un descoñecido para a maiorĂa da sociedade galega e con el vai parte do noso pasado. Esta obra afonda na sĂşa vida e no seu tempo: o sindicalismo da ATEO e o PCE na II RepĂşblica, Castelao e a UXT na Guerra Civil; a ComisiĂłn Galega do PCE e a Internacional do Ensino na posguerra; o Consello de Galiza e a JSUN; o Padroado da Cultura Galega e Vieiros no exilio; a fundaciĂłn da UPG, a sĂşa teorĂa e pensamento; a crise do 76 na UPG e o nacemento do PGP. En todo isto, LuĂs Soto foi parte protagonista.O autor acudiu ao fondo LuĂs Soto (no Arquivo HistĂłrico Provincial de Ourense), practicamente inĂ©dito, para realizar unha biografĂa que se botaba en falta. Xurxo MartĂnez González incorpora ao libro nova documentaciĂłn sobre o exilio, o nacionalismo ou a revista Vieiros. Outros arquivos, co descubrimento de novos papeis, completaron unha obra necesaria para comprendermos mellor a esquerda, o exilio en MĂ©xico, a cultura e o nacionalismo galegos.Unha peza imprescindible para encaixar a historia máis recente.