Castelao na Unión Soviética en 1938
Xesús Alonso Montero (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Memoria
SabÃase que Castelao, formando parte dunha delegación española moi plural, estivera, en maio de 1938, en distintas cidades de tres repúblicas da URSS (Leningrado, Moscova; Kiev; Bakú). No presente volume recóllense por primeira vez todos os textos de Castelao sobre a Revolución e a realidade soviéticas. Abundan as formulacións que xustifican o subtÃtulo do libro: «Filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil». Algunha é deste calado: «En mi viaje a la URSS he adquirido la convicción de que allà se está engendrando una nueva vida que ha de ser el molde de los demás pueblos del mundo.»Estas dúas facetas cómpre entendelas nas coordenadas da Guerra Civil, perÃodo no que Castelao se esquerdiza; no que intima con destacados comunistas (LÃster, Santiago Ãlvarez...); no que bate (e faina súa) coa definición de nación formulada por Stalin; no que gusta de escribir para os combatentes marxistas, e no que recibe (entusiasmado) as gabanzas da crÃtica soviética sobre a súa condición de «debuxante revolucionario».