Iria
Anxo Angueira (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
2ª Edición
Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dun pequeno galeón a vela que lle dá o tÃtulo, Iria, e que se converte no grande protagonista. As súas travesÃas pola Arousa e as súas remontadas polo Ulla, descritas co léxico náutico aÃnda vivo, parecen ás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados.Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadÃo funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mariñeiro. Pero tamén é toda unha metáfora social e polÃtica da época. Cosendo tódolos fÃos, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifónica do Ulla e mais da Arousa.Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizontes nunca antes navegados. Unha novela memorable, un fito na narrativa galega contemporánea.