Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura e en permanente diálogo crítico coas diferentes perspectivas da análise investigadora.
Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura e en permanente diálogo crítico coas diferentes perspectivas da análise investigadora.
Entender os textos literarios como un proceso artístico e comunicativo e, en consecuencia, analizar aqueles recursos retóricos dos que se serviron os seus creadores; comprender a literatura como unha herdanza e examinar as circunstancias sociais e políticas que rodean o nacemento, desenvolvemento e recepción das obras; considerar a propia traxectoria das creacións literarias en relación co devir da ferramenta lingüística que lles dá soporte: velaí a arela que guía as páxinas deste primeiro volume da Historia da Literatura Galega. Un tomo, Das orixes a 1853, dedicado ao longo período que vai desde o medievo, coa brillante etapa dos trobadores, pasando polo tempo dos denominados Séculos Escuros, para finalizar no ano de publicación d'A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos, nos inicios do Rexurdimento.
Colección
Xerais Universitaria
Código
1327137
I.S.B.N.
978-84-9914-551-8
Publicación
02/09/2013
Clasificación IBIC
DSBB
Formato
Papel
Páxinas
440
Tamaño
23.5 x 17 cm
Colección
Código
I.S.B.N.
Publicación
01/01/1970
Clasificación IBIC
Formato
Autor/a
Xosé Ramón Pena
Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como "Literatura galega medieval" (1992), "Manuel Antonio e a vangarda" (1996), "Xograres do mar de Vigo" (Xerais, 1998) ou "Historia da literatura medieval galego-portuguesa" (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción, "O reverso do espello" (Xerais, 1984), "Para despois do adeus" (Premio Xerais, 1987), "Paixóns privadas" (Xerais, 1991), "A era de Acuario" (Xerais, 1997), "Fado de princesa" (2005), "A batalla do paraíso triste" (Xerais, 2008), "Como en Alxeria" (Xerais, 2012) e "Todas as vidas" (Xerais, 2020). Director do suplemento Faro da Cultura e columnista do xornal «Faro de Vigo», son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: "Na noite estrelecida" (Xerais, 1988), "Da terra asoballada" (Xerais, 1989), "No desterró" (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, "Ramón Cabanillas. Poesía galega completa" (Xerais, 2009).