Cartas de inverno. Novela gráfica
Antonio Seijas (Autor/a)
AgustÃn Fernández Paz (Autor/a)
Antonio Seijas (Ilustrador/a)
EDICIÓN LITERARIA>ALTERNATIVAS>Novela gráfica
Premio Isaac DÃaz Pardo ao Libro ilustrado 2012
à volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Mais alÃ, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos capaces de imaxinar. Versión en banda deseñada de Cartas de inverno, a extraordinaria novela de terror de AgustÃn Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea. // Di AgustÃn Fernández Paz: "Este Cartas de inverno de Antonio Seijas recolle a historia, os personaxes e os ambientes que creei no seu dÃa, comezando pola omnipresente mansión onde todo sucede. Trátase da mesma historia, narrada a través da linguaxe do cómic e a través doutra mirada. A capacidade de suxerir que teñen as palabras trasládase aquà ás elipses narrativas. A tensión creada coas palabras trasládase ás imaxes e á montaxe das viñetas. Os estados de ánimo atopan a súa correspondencia na paleta de cores utilizada polo autor. Todas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aà que declare a miña alegrÃa ante a publicación destas novas Cartas de inverno."