Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Cantares gallegos

Autor/a : Rosalía de Castro

Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves da alegoría nacional da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza do incipiente sistema. A importancia deste libro e desta data é subliñada historicamente cando a Real Academia Galega decide escoller o 17 de maio, en coincidencia co centenario da súa publicación, para instaurar o Día das Letras Galegas. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego) vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición de Cantares gallegos ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.

  • Colección

    Xerais Clásicos

  • Código

    1333118

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-504-4

  • Publicación

    10/04/2013

  • Clasificación IBIC

    DCF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    472

  • Tamaño

    22 x 15 cm

  • Colección

    Xerais Clásicos

  • Código

    1378901

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-426-9

  • Publicación

    09/02/2017

  • Clasificación IBIC

    DCF

  • Formato

    ePub

Libros de Rosalía de Castro

Xerais Clásicos

La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións

La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións

Biblioteca das letras galegas

Cantares gallegos

Cantares gallegos

Biblioteca das letras galegas

Follas novas

Follas novas

Sobre a colección Xerais Clásicos