O xardÃn das pedras flotantes
Manuel Lourenzo González (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book
XXV Premio Xerais de Novela 2008
O xardÃn das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unha gran imaxinación e ateigada de riquÃsimas crónicas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentido do humor, esta novela podente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobÃase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memorialÃstico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración -orixinándose moito antes da súa propia infancia- até o desenlace final, o lector non perde de vista en ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece o entramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.