Os fillos do mar
Pedro Feijoo (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book
Finalista Premio Xerais 2011 - Premio Literario ''Arcebispo Juan de San Clemente'' 2013 - Premio Literario Frei MartÃn Sarmiento 2014 (Bacharelato e Adultos)
Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un dÃa recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos dÃas de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquÃ, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorÃstico, a acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aÃnda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán.Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.