RosalÃa de Castro: Imaxe e realidade
Fernando Pereira Bueno (Autor/a)
GRANDES OBRAS>EDICIÓNS SINGULARES
Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a RosalÃa de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografÃa documental. Nel analÃzanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espÃrito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente. A través da lectura das representacións iconográficas rosalianas, móstranse as súas múltiples facetas (RosalÃa a lapis e a óleo; RosalÃa en cor ou en branco e negro; RosalÃa como retrato realista ou caricatura; RosalÃa como musa ou como sÃmbolo...), procurando conxugar a calidade do retrato co seu carácter representativo e coa diversidade formal e tratando, ao mesmo tempo, de darlle unha verdadeira historicidade que vaia máis alá dos lugares comúns preponderantes nos últimos anos. Unha escolma de retratos coa finalidade de que o estudoso ou o interesado por esta cuestión dispoña dun repertorio útil e axeitado para examinar as diversas modalidades que os artistas tentearon ao longo dos anos. Todo o material icónico que xerou a poeta contribuÃu e contribúe a que a súa figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade. E isto é importante, pero o máis interesante do «fenómeno RosalÃa» é que esta imaxe parece ter hoxe unha vixencia inusual, chegando a converterse, sen dúbida, nunha peza fundamental do noso imaxinario colectivo, na maior icona visual de Galicia.