Inmateriais
Suso De Toro (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Xornalismo
2ª Edición
Suso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren «figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas nacidas neste paÃs, os dilemas que se lles presentaron ante as circunstancias que viviu a Galiza no momento histórico que lles tocou vivir e tamén as posibilidades que se ofrecÃan en cada momento». Os textos de Inmateriais, armados coa recoñecida calidade literaria de Suso de Toro, achegan datos que permiten entrever as motivacións, os dilemas, os éxitos e fracasos das vidas destes homes e mulleres que influÃron decisivamente no noso devir colectivo e encetan un particular debate sobre o que foi, o que puido ser e mais o que pode ser o noso paÃs. Diego XelmÃrez, Concepción Arenal, AntolÃn Faraldo, RosalÃa de Castro, Pablo Iglesias, Emilia Pardo Bazán, Curros EnrÃquez, Castelao, Maruja Mallo, Carlos Velo, Gonzalo Torrente Ballester ou José Suárez, entre outras figuras, conforman este pequeno tesouro biográfico que o autor define como un «acto de rebelión contra a historia que nos contaron, contra o que nos dixeron que eramos e tamén o que podiamos ser».