A illa de todas as illas
Xabier P. DoCampo (Autor/a)
Xosé Cobas (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>CAMALEÓN
3ª Edición
A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela habÃa moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alÃ, só quedan brétemas mestas e espÃritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestÃan como os que veñen nos libros antigos. Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedÃan nunha illa deserta ou aparentemente inhabitada, obras que mantiveron, como di no epÃlogo, «o meu corazón alterado, as miñas emocións abrollando coma fontes da alma e moitas horas entregadas á lectura cando llelas tiña prometidas ao sono ou ao estudo».