Xogando con gatos
Antón Cortizas (Autor/a)
Leandro Lamas (Ilustrador/a)
EDICIÓN LITERARIA>TEATRO>Biblioteca Dramática Galega
Premio Manuel MarÃa de Literatura Dramática Infantil, 2014 - Premio Gala do Libro Galego (Teatro), 2016
Constátase que hoxe en dÃa os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facÃa décadas atrás. É a mudanza dos tempos. Os novos medios (TV, xogos electrónicos, teléfono móbil, ipad, ipod...) asà como unha xeografÃa urbana desaxeitada (falta de espazos de encontro e recreo), alén da ocupación dos mesmos por outras circunstancias (rúas ateigadas de vehÃculos) e engadido todo isto ao forte descenso da natalidade que dá por resultado a escaseza de nenos (quer no medio urbano quer no medio rural -aÃnda conservando este toda a xeografÃa do xogo-) que dificulta, xa que logo, a concentración de nenos necesaria para que se produza o xogo colectivo e socializador. A todo isto aÃnda hai que sumar a excesiva ocupación do tempo de lecer das crianzas en actividades regradas (deportes, música, tarefas escolares...) que lles resta posibilidades de desenvolveren o xogo libre e creativo. Quizabes, se os meniños e as meniñas xogasen como se xogaba en creatividade, liberdade e gratuidade, esta obra non terÃa razón de ser.