Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)
Guillermo Cameselle DomÃnguez (Autor/a)
GRANDES OBRAS>EDICIÓNS SINGULARES
Este libro recolle unha antoloxÃa do traballo fotoxornalÃstico realizado por Guillermo Cameselle no xornal "Faro de Vigo" de 1975 a 2005. Máis de oitocentas fotografÃas que constitúen una crónica social, polÃtica, cultural e deportiva da cidade de Vigo nun perÃodo tan decisivo como convulso. En palabras de Ceferino de Blas, prologuista do libro, "Cameselle foi fotógrafo de múltiples dimensións. Do mar vigués, que tanto amaba, da cidade e canto a definÃa, da industria, dos estaleiros, da actividade portuaria, da rica dinámica cultural. De grandes acontecementos, de prohomes e anónimos. Vigo, a cidade da que estaba encariñado, está impresa nestas páxinas polas catro bandas e por todas as súas costuras. Repasando o seu traballo apréciase o devir da urbe durante máis dun terzo de século. Fillo do tempo que lle tocou vivir, o nome de Cameselle está ligado a un ámbito tan periodÃstico como lacerante: a gran depresión da industria e as loitas laborais. Até o punto de que pode considerarse o fotógrafo de "Os luns ao sol", a pelÃcula da reconversión industrial viguesa. As súas fotos resumen o devalar dos estaleiros e outras industrias punteiras e o esforzo dos traballadores para impedir o inevitable".