Logo Xerais

Ficha libro

O manifesto comunista

Karl Marx (Autor/a)
Friedrich Engels (Autor/a)
Franck Meyer (Tradutor/a)

EDICIÓN LITERARIA>LIBROX

"O manifesto comunista" é un clásico do movemento emancipatorio. A súa perennidade atópase no impulso moral que o inspira: o aborrecemento da inxustiza. As ideas centrais que discorren ao longo do manifesto son: a) que o modo económico dominante de produción e a estrutura social que se deriva del nunha época histórica constitúe o fundamento sobre o que se basea a súa historia política e intelectual, que unicamente se pode explicar a partir desa base; b) que a historia da humanidade foi unha historia de loitas entre as clases explotadoras e explotadas; c) que esa historia de loita de clases chegou a unha etapa na que a clase explotada e oprimida -os traballadores da era industrial- non poden liberarse sen liberar toda a sociedade da explotación e opresión, isto é, sen poñer fin ás loitas de clases.(Juan Ramón Capella, "Leer" "El Manifiesto Comunista hoy")

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.