Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book
Un dedo manchado de tinta non é unha novela, afirma categórico Gonzalo Salgueiro, ou polo menos non é unha novela ao uso, aclara el mesmo despois. E vai ser que si, que ten razón. Que isto non é unha novela e que el tampouco é un escritor que responda aos canons establecidos, nin Alberte vai ser un funcionario municipal arquetÃpico, nin Malulú un vendedor ambulante calquera, nin Carme, nin Cristina, nin Chus serán mulleres con historias do común. Mais a pesar da súa excepcionalidade, velaquà os temos, perfectamente verosÃmiles, pululando anónimos polas páxinas deste artefacto narrativo coa mesma naturalidade coa que transitan polas rúas de Compostela, coincidindo á espera de que se abra o semáforo da Senra, tomando café no Airas Nunes, sen rozárense, sen se coñeceren case, como moito intercambiando unha distraÃda ollada impersoal. Gonzalo certamente ten razón. Mais non toda.