Os dereitos da infancia
AgustÃn Fernández Paz (Autor/a)
Eliacer Cansino MacÃas (Autor/a)
Gonzalo Moure (Autor/a)
Gustavo MartÃn Garzo (Autor/a)
Lorenzo Silva (Autor/a)
Mariasun Landa (Autor/a)
Gloria Cecilia DÃaz (Autor/a)
Ana MarÃa Shua (Autor/a)
Begoña Varela Vázquez (Tradutor/a)
INFANTIL E XUVENIL>EDICIÓNS SINGULARES
En 1959 a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos do Neno. Dez principios que perseguen garantirlles a todos os nenos e nenas os coidados, a protección e a educación necesarios. Entre outros, o dereito a ser iguais sen distinción de raza ou relixión, a recibir protección especial, a ter un nome e unha nacionalidade, a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas, a recibir educación ou a poder xogar. Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron o seu talento co do ilustrador Emilio Urberuaga e ofrécennos dez contos que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de lembrar a súa importancia e de darlles a coñecer aos nenos e nenas de hoxe en dÃa uns dereitos fundamentais que desde hai décadas velan pola súa protección e desenvolvemento.