Logo Xerais

Ficha libro

oso, mamá, si?

María Lado (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>POESÍA

2ª Edición - Premio Gala do Libro Galego (Poesía), 2016

Coidado... coidado, ti, lector; amodo, pois este libro que tes nas túas mans agora mesmo é fráxil coma o punto xusto máxico de unión de dúas cereixas nos días de primavera. Así é. Aínda que este oso, mamá, si? é brutalmente sincero coma un temporal na fisterra máis atlántica e animal. O poemario, de innovadora linguaxe poética, susúrranos ao oído, moi baixiño, a maxia, por unha banda, e a brutalidade por outra, que se agocha en algo tan especial como é a maternidade. Pero non só, pois oso, mamá, si? non é un libro sobre a maternidade... non; este novo poemario de María Lado, fala de todo iso co que irremediablemente conectamos nas nosas vidas, independentemente de quen sexamos; todo ese amor que desprendemos, o medo ao paso do tempo, a nosa evolución persoal, as dúbidas invernais, a calor que acentúa cada caricia, cada aperta... en definitiva, do longo e escarpado camiño vital que percorremos todos e cada un de nós. Suso Vaamonde.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • ·
  • -
  • (31 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.