Logo Xerais

Ficha libro

Axenda Dietario Recambio 2018

Equipo Xerais (Autor/a)

MATERIAIS NON LIBROS>AXENDAS

En palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso: “Polas páxinas da Axenda Xerais pasa toda a nosa historia, desde os primeiros autobuses de liña, o primeiro tranvía, a chegada do tren e non sei cantas cousas máis. Ofrécenos este Dietario a imaxe dunha Galicia onde o campo e o mar foron moi importantes, mais tamén unha Galicia onde a ciencia, a técnica e o progreso tiveron o seu asento. Xa que logo, a lectura do Dietario e unha boa dose de galeguismo e orgullo propio. En canto á lingua, a autora acerta plenamente. As súas informacións concisas e amenas están ben redactadas, con enunciados non oracionais ou oracións sinxelas e tallantes. Pásalles un pouco o que se di das anotacións escénicas de Valle-Inclán: que aínda que non estaban redactadas con pretensións literarias, a súa literalidade é un feito innegable. Cómpre sinalar así mesmo que cando un día non ofrece ningunha efeméride digna de mención, o que aparece é algún dito ou refrán popular. Así no 18 de xaneiro lemos: “En xaneiro, un pouco ao sol outro pouco ao fumeiro”. Por último, só me queda dicir que este Dietario e as súas efemérides teñen unha extraordinaria utilidade no eido do Ensino. O profesor ou profesora que quere falar neste xaneiro, por exemplo, de feminismo, cultura popular, sociolingüística, literatura e non sei cantas cousas máis sobre a nosa comunidade ten un verdadeiro filón de suxestións nas devanditas efemérides. E así todos os meses e todos os días do ano. En fin, ben que gocei lendo as efemérides, recibindo unha lección ou recordatorio de galeguidade”.Dietario (día por páxina) con información complementaria de Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Celebracións Internacionais, Calendario Fiscal, Onomástica, Fases da Lúa.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.