Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Colmeiro por si mesmo

Autor/a : Xosé Antón Castro, Carlos G. Reigosa

O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas. Tamén é un protagonista indiscutido da «École Espagnole de Paris», que agrupa creadores como Picasso, Dalí, Miró, Gris, Bores etc., cos que participou en numerosas mostras. Colmeiro non só contribuíu a un novo xeito de interpretar a «estética do granito», fundindo a tradición e a etnografía galegas coas linguaxes vangardistas europeas, senón que aportou unha nova maneira de entender a pintura-pintura, por riba da estrutura narrativa, sendo así un dos primeiros cultivadores da abstracción en España. O pintor estivo exiliado primeiro en Bos Aires e despois en París. As numerosas mostras individuais en prestixiosas galerías de arte e institucións españolas e francesas tiveron o seu colofón na antolóxica que lle dedicou o Museo Español de Arte Contemporáneo en Madrid en 1983, que marcou o seu retorno definitivo a España. Colmeiro por si mesmo acolle tres reveladoras conversas co artista, feitas a finais da década de 1980 por Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. Nelas, Colmeiro descobre as claves da súa vida e da súa obra, ao tempo que define a natureza do seu compromiso político e da súa linguaxe creativa, tan galega e tan universal.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345144

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-832-8

  • Publicación

    16/04/2015

  • Clasificación IBIC

    BGF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    176

  • Tamaño

    24 x 17.5 cm

Sobre a colección CRÓNICA