Cabalos e lobos
Fran P. Lorenzo (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book
Premio Blanco Amor 2014
Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policÃa franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran VÃa nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubÃs, unha carta sen resposta, un paÃs bombardeado, trens que parten cara ao frÃo e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tÃo Ãlvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnÃfica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato Ãntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografÃa, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.