Por que as sombras non teñen ollos
LuÃs Manuel GarcÃa Mañá (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
2ª Edición
O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de RandÃn e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha carteira na que atopará a fotografÃa dunha moza, unha carta remitida desde Canadá e tres follas manuscritas, material que agochará na casa dun familiar. O mesmo dÃa, na embaixada do Reino Unido en Madrid recibÃronse instrucións encriptadas para que o persoal diplomático do consulado de Vigo recuperase os efectos persoais e restos documentais atopados no lugar do sinistro. Coa chegada a Montealegre dunha profesora finlandesa de historia, colaboradora do servizo de intelixencia alemán, comezará neste territorio da Raia Seca galego-barroso unha batalla de espÃas na procura destes documentos que será decisiva para o desenlace da Segunda Guerra Mundial. Nesta orixinalÃsima novela de misterio e espionaxe, historicamente moi documentada, GarcÃa Mañá consolida a súa mestrÃa como narrador de intriga e promotor do espazo literario arraiano.