Izan o da saca
Xabier Quiroga (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
7ª Edición - XXII Premio Literario San Clemente, 2016
O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con Ãnfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido polÃtico e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza asÃ, ademais dunha engaiolante procura pola xeografÃa fÃsica e humana deste paÃs, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da penÃnsula Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur.Mesturando realidade e ficción, coa mestrÃa da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente.