Logo Xerais

Ficha libro

O volframio en Varilongo

Santa Comba de Xallas (1941-1963)

Carmen Blanco Ramos (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Memoria

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co “mineral” que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes… A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó xeito popular, como as “cantareas” recollidas nun capítulo deste libro.É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben pagos e veciños que andaban “á roubeta” perseguidos pola Garda Civil. Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.Xesús Alonso Montero

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (5 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.