Logo Xerais

Ficha libro

O trasno de Alqueidón

Marilar Aleixandre (Autor/a)
Miguelanxo Prado (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 7 anos en diante

3ª Edición - Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1996

Este libro está formado por tres contos: "O trasno de Alqueidón" Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man."Neve na Amaía" Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico."Chave de Ponte, Chave de Carballo" Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.