Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro

Autor/a : Xosé Mª Lema

Un tradutor recibe un manuscrito no que un descoñecido escritor en lingua inglesa narra o regreso ó porto de Bristol da goleta Hispaniola, cargada cun fabuloso tesouro.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Un tradutor recibe un manuscrito no que un descoñecido escritor en lingua inglesa narra o regreso ó porto de Bristol da goleta Hispaniola, cargada cun fabuloso tesouro. Tal viaxe de volta non fora tan breve como a describira Robert L. Stevenson no derradeiro capítulo d'A Illa do Tesouro, pois unha violenta tormenta obrigou o navío a buscar refuxio nunha baía da galega Costa do Solpor. Un espía da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga do barco inglés, marcha á Coruña para dar aviso ó capitán dun bergantín pirata fondeado nese porto. Da abordaxe que sufrirá a goleta só se salvará o seu grumete, Jim Hawkins, que logra chegar á costa a nado. Os piratas perseguirano, pero o rapaz farase amigo dun mozo e unha moza galegos, o Chavián e Mariña, que tratarán de liberar a goleta asaltada e salvar os seus tripulantes dunha morte certa mediante un plan moi arriscado. Unha gran novela de aventuras ambientada no século XVIII na cidade da Coruña e na costa galega, que empeza onde remata A Illa do Tesouro. A homenaxe galega a grande obra stevensoniana.

  • Colección

    FÓRA DE XOGO

  • Código

    1365170

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-219-5

  • Publicación

    04/05/2017

  • Clasificación IBIC

    YFC

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    440

  • Tamaño

    21 x 13 cm

Sobre a colección FÓRA DE XOGO