Logo Xerais

Ficha libro

Días contados

Cid Cabido (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA

2ª Edición - Premio Cidade de Lugo, 1991

Os doce relatos que compoñen Días contados procuran diferentes olladas sobre arealidade inmediata, maiormente urbana, de xeito que o autor imaxina compatible, coexistente, un mundo real e facilmente nomeable con outros mundos, xa menos definidos ou desdebuxadamente concretos, que se insinúan co sorriso da ironía por cebo.Cid Cabido percorre unha cidade con rúas e bares e comercios que se chaman coma as rúas e bares e comercios de Vigo, pero que ademais representan calquera espacio urbano, calquera outro labirinto semellante onde a noite facilite a metamorfose necesaria dun contable mentres alguén se ocupa de lavar os contedores do lixo; onde os buzóns poden gardar seres vivos ou converterse na entrada secreta que conduce a outra cidade baixo a cidade; onde os trasteiros dun edificio calquera son como trampas contra a normalidade cotiá; onde a beleza inalcanzable en forma de farmacéutica se pon demasiado a tiro para ser tan simple; ou onde os periódicos anuncian grandes remedios para grandes males urbanos coma o illamento, as carencias afectivas e a soidade máis insoportable.Unha intención parece atravesar estas doce historias: a realidade non é nin moito menos un producto acabado, pode reproducirse por abandono ou perfeccionarse ata o límite en que xa non conserva un só elemento tranquilizador. Pero a realidade merece ser sospeitada dende esa constante desviación de si mesma.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.