O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
33ª Edición - Premio da CrÃtica, 1998 (narrativa) - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega, 1999 - Premio Literario Arcebispo San Clemente, 1999 - Premio Literario AmnistÃa Internacional, 2001
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolÃa e liberdade.Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos dÃas entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuÃdor da beleza tÃsica e seguidor da teorÃa da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvÃfico do amor.Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.