CÃrculo
Suso De Toro (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
2ª Edición - Premio Max ao Mellor Texto Teatral en Galego, 2003.
CÃrculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terrÃbel e marabilloso, múltiple e repetido. Un libro coma unha burbulla, un vaso hermético que contén nun éter de melancolÃa as historias que forman o argumento da vida. Tic-Tac foi unha expresión de ansia e a anguria polo paso do tempo, a vida baixo o signo da desesperanza: CÃrculo reflicte o transcorrer do tempo, a vida que acepta a existencia da morte dentro de si. CÃrculo é tamén o retorno de Nano, ese parvo lúcido que coa súa ollada melancólica e desconcertante ilumina ángulos escuros da existencia. Con esta obra, Suso de Toro sorpréndenos unha vez máis, consegue outra volta de torca e vólvenos atrapar no seu mundo tecido cos fÃos invisÃbeis de emocións profundas e perturbadoras. Para Suso de Toro "a forma de CÃrculo é a dunha serpe que morde o rabo, a serpe Uroboros dos alquimistas, o cÃrculo. Quixen, como en Tic-Tac, resumir a existencia, só que nunha visión distinta. Alà quixen representar a vida como traxedia agónica, a vida cruel de dous modos, vivÃndoa sen esperanza, desesperadamente. Aquel era libro moi masculino en moitos sensos. AquÃ, pola contra, quixen que expresase outra visión da vida máis reconciliada e que xa veño intentando expresar nas últimas novelas, unha vida na que reina a morte e sen embargo non é desesperada. Unha vida vivida desde o aceptamento da morte, sempre terrÃbel; o aceptamento do terrÃbel. E tamén, por asà dicir, unha vida enteira e plena, e por iso me acollÃn a esa visión mÃtica que me dá a laquimia, "a Gaya Ciencia", do mundo como un todo circular formado polos catro elementos: lume, aire, auga e terra. Que xa vén da sabedorÃa presocrática. O que é certo é que establece unha relación con Tic-Tac e que quere expresar unha actitude e unha comprensión da vida distinta. E que está feito de soño e de afán de verdade".