Seraogna
Alfonso Pexegueiro (Autor/a)
Luciano Fernández (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Seraogna, libro publicado en maio de 1976 baixo o cuño de rompente, non só deu a coñecer a Alfonso Pexegueiro (Ponteareas, 1948), que se consolida hoxe como un dos escritores máis interesantes da nosa literatura, senón que constitúe a primeira achega substancial e decidida no proceso de renovación dun sistema poético ancorado no dominio da estética socialrealista máis estereotipada.A través dun realismo visionario, a súa lÃrica imaxinativa e transformadora desenvolve unha liña radicalmente persoal e de vangarda, que revela a intrahistoria que padecen as clases sociais e nacións dependentes.