Logo Xerais

Ficha libro

O capitán Ro e o gato Bo

Gloria Sánchez (Autor/a)
Xan López Domínguez (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 7 anos en diante

O terrible capitan Ro, procedente do planeta Roña, descende coa súa nave sobre a Terra. Como todos os roñentos aliméntase de cousas que comezan pola sílaba ro. En pouco tempo desaparecen todas as rosas, todas as rochas, rodas...Con el viaxa o gato Bo que, farto xa do seu amo, proponlles ás autoridades terrestres un acordo: el entregarlle o insaciable capitán a cambio de que lle dean de comer bocartes e bonito.Estando o gato Bo coa súa Navelaíña no planeta Maruca, chega un S.O.S dende a Terra: mil e unha naves de Roñentos atacan a Terra para vingar capitán Ro. A mensaxe viña nun raro idioma, que só a Navelaíña sabía traducir; cando chegaron á Terra, xa nin era Terra nin nada. Co Boli das Mil Colores o Gato Bo tivo que debuxar todo de novo. Pero o Boli das Mil Colores non debuxaba nada que tivese mala intención como fragatas con canóns ou buques lanzatorpedos. Mentres, a Navelaíña morrerá heroicamente despois de salvar o universo dos terribles rañentos.Logo, ó Gato Bo éntralle a teima de intentar rabuñar as estrelas; ¿conseguirao? Finalmente, poñerá un anuncio para atopar noiva: ¿acudirá algunha gata ó seu anuncio?

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.